Quen somos

Embaixada.gal é a Diáspora de século XXI. É unha plataforma informativa e participativa creada por galegos e galegas de diferentes puntos de Europa e de Galicia, ben por morriña, ben por unha gran necesidade de achegas ás novas propostas da diáspora moderna e compartir a cultura e a fala galega por tódolos currunchos dos países de acollida sen perder o vínculo con Galicia.

Embaixada.gal é o novo punto de encontro de tódalas persoas migrantes ou non que queiran facer uso del.

Queremos ser o voceiro da nova emigración sen esquecernos da máis vella.

Somos un formato de asociación máis económico, máis global, máis políglota, máis moderno e tecnolóxico e cunha capacidade de alcance importante.

Somos música, somos arte, somos literatura, somos morriña, somos mestizaxe, somos tecnoloxía… somos a nova Diáspora do S.XXI… somos VÓS.