embaixada.gal participa en ONDA

embaixada.gal chama a todos os galegos e galegas para participar na foliada internacional e na conferencia sobre emigración que se celebrará en Santiago de Compostela.

embaixada.gal, a nova plataforma internacional da diáspora galega xestada no corazón de Europa estará presente no calendario de actividades que o concello de Santiago ofrecerá con motivo da celebración do Santiago Apóstolo na cidade.

Varios integrantes da asociación procedentes de diversos países de Europa, ofrecerán unha charla – debate sobre a situación da emigración actual no centro cívico do Romaño.

embaixada.gal fai un chamamento a todas aquelas persoas que queiran asistir e participar no programa de actividades, do mesmo xeito que a todos aqueles amantes da música e do folclore tradicional, que queiran achegarse para gozar e integrarse na Foliada Internacional programada para a noite do sábado nos xardíns do Romaño.